miércoles, 23 de marzo de 2022

4º ESO: T.6: Os meus VALORES HUMANOS E CRISTIÁNS + APRENDÍN. O VALOR DA COHERENCIA PERSOAL E CRISTIÁ


 



O VALOR DA COHERENCIA PERSOAL E CRISTIÁ



O valor da coherencia persoal e cristiá consiste en comportarse de acordo coa propia fe cristiá e os principios éticos que se teñen. O contrario é o  antivalor da incoherencia. Por exemplo: non crer en Xesucristo nin na Iglesia, pero casar pola Igrexa porque é máis bonito.


No seguinte  role- playing poderás desenvolver a túa coherencia persoal e cristiá.


Coñece o dilema e os personaxes

1 Le o dilema e as posturas dos personaxes:


Dilema



Lucía e Mario queren casar, pero xurdiulles un dilema: Casar pola Igrexa católica ou polo civil? Para saber que deben facer, dialogan cos seus amigos.

Os personaxes e a súa postura

Lucía (a noiva). Non é relixiosa. Só quere casar polo civil. Facelo pola Igrexa sería para ela unha incoherencia persoal e unha hipocrisía.

Mario (o noivo). É católico e desexa ser coherente coa súa fe. Por iso, quere casar polo  sacramento do Matrimonio e aceptar os seus compromisos.

Isabel (amiga da noiva). Non é crente, pero quere que casen pola Igrexa porque é máis bonito.

Luís (amigo do noivo). É moi egoísta e interesado. Propón que casen pola Igrexa ou polo civil, segundo prefírano os pais dos noivos. Así conseguirán máis diñeiro e máis agasallos de voda.


Opina sobre os personaxes


2   Resolver. Contesta por escrito ás preguntas seguintes:



a) Con que personaxe e con que argumento estás máis de acordo? Por que?

b) Que lles aconsellarías a Lucía e a Mario para que sexan coherentes cos seus principios e crenzas?

c) Cal é a mellor solución desde o compromiso que conleva casar pola Igrexa católica?


Sobre o  sacramento do Matrimonio


1 En cada unha das frases seguintes hai dous erros. Descúbreos e escribe no teu  pc

a letra da frase e as palabras correctas:


a) Os  sacramentos foron  instituidos polo Papa e son administrados pola sociedade católica.

b) O  sacramento do Bautismo celebra a alianza entre un home e unha muller bautizados, que se comprometen a unir as súas vidas para sempre, en  disoluble comuñón de fe e de amor.

c) No  sacramento do Matrimonio, o consentimento privado dos esposos é a parte central do ritual e constitúe o sacerdocio.

d) Os  sacramentos celébranse en parella, seguindo un ritual e presididos por algún membro da xerarquía da sociedade.

e) Nos seis  sacramentos da Igrexa católica, os cristiáns atópanse con Pablo resucitado.

f) O ritual do  sacramento do Bautismo comprende os ritos de inicio da celebración, a liturxia da Oración e a liturxia do Matrimonio.

g) O matrimonio é unha vocación cidadá, que a Igrexa católica celebra no  sacramento da Orde.

h) Nos  sacramentos, o cristián atópase persoalmente con San Pablo, recibe a graza do ritual, para responder á súa chamada, colaborar no seu misterio e desenvolver máis o seu Iglesia.


Sobre o relato bíblico


2 Que che ensina o «Canto ao amor cristián»?



3 Anota no teu  pc cinco valores do verdadeiro amor humano e cristián que ensina San Pablo no seu «Canto».


Sobre o valor da coherencia persoal e cristiá


4 En que consiste o valor da coherencia persoal e cristiá? Pon un exemplo de como se practica.


ACTIVIDADES TIC (Reforzo e ampliación)


Comentar:


• Coñecer os catro viaxes que realizou San Pablo en http://www.gecoas.com/religion/historia/antigua/sigloi- F. htm..



•  Visionar a presentación « Sand Art  Jesus. Arte En Area» en  https://www.youtube.com/watch?v= hqpEEwJy9 qI.



•  Visionar a presentación «San Pablo» en  https:// prezi. com/ wlni7 qdegjwg/ san- pablo/.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

0 puntos en caso de plagios

1º BAC: T.5.1: D.S.I.,PÁG. 92, 6,7,8.

      Definir para qué se reflexiona, a quién se dirige y  quién es su responsable: Principios y Valores de DSI from  AMNI2012 https://es.ca...