viernes, 18 de marzo de 2022

1º ESO: T.6.3: CRISTO RESUCITOU, Páx.75,1 E 2; A miña INTELIXENCIA ESPIRITUAL, Páx.76, 2 E 3.


• Citas bíblicas sobre a resurrección de Xesucristo:

http://www.buzoncatolico.es/formacion/bibliaestudiobiblico/

laresurrecciondejesus.html

•  Crucigrama 11 para comprobar a túa cultura sobre a paixón e a resurrección

de Jesús: :

http://roble.pntic.mec.es/ jfeg0041/todo_ reliduques/ jesus/ activi_ jesus/

pas/ pas_ cr_1. htm

• Visita virtualmente a tumba de Jesús:



• Vídeo da película sobre Jesús de  Nazaret (1977) do director Franco

Zefirelli, « Jesus de  Nazaret 4 de 4 (con dobraxe orixinal en castelán)»:

http://gloria.tv/media/z4 wXYZwwksb

• Cómic sobre a vida, a morte e a resurrección de Jesús. Ler o  capí-

tulo «Jesús aparécese a moitos»:

http://www.gospelcomics.com/spanish/contents.html

• Para realizar unha tarxeta de felicitación da Pascua pola resurrección

de Xesucristo e enviala:

http://www.aciprensa.com/tarjetas/t-pascua. htm

http://www.tuparada.com/tarjetas/pascua-38-1-37,38.html


A Biblia e as miñas competencias:

Cristo resucitou

O cristianismo na única relixión que basea a súa fe na resurrección, e na resurrección do seu fundador, Jesús de  Nazaret.

No Novo Testamento atopamos diferentes testemuñas da resurrección

de Jesús. O seguinte relato é do Evanxeo de San Marcos, que se redactou entre os anos 40 e 50 d.  C.

3.1 As aparicións de Cristo resucitado ( Mc 16, 1-14)

«Pasado o sábado, María Magdalena, María a de Santiago e Salomé compraron aromas para ir a  embalsamar a Jesús. E moi cedo, o primeiro día da semana, ao saír o sol, foron ao sepulcro. E dicíanse unhas a outras: “Quen nos correrá a pedra da entrada do sepulcro?”.

Ao mirar, viron que a pedra estaba corrida e iso que era moi grande.

Entraron no sepulcro e viron a un mozo sentado á dereita, vestido de branco. E quedaron aterradas. El díxolles: Non teñades medo. Buscades a Jesús o  Nazareno, o crucificado? Non está aquí. Resucitou. Mirade o sitio onde o puxeron. Pero ide a dicide aos seus discípulos e a Pedro: “El vai por diante de vós a Galilea. Alí verédelo, como vos dixo”. Elas saíron fuxindo do sepulcro, pois estaban a tremer

e fóra de si. E non dixeron nada a ninguén, do medo que tiñan.

Resucitando ao amencer do primeiro día da semana, apareceuse primeiro a María Magdalena, da que botara sete demos. Esta foi a anunciarllo aos seus compañeiros, que estaban de duelo e chorando.

Eles, ao oírlle dicir que estaba vivo e que o vía, non a creron.

Despois apareceuse en figura doutro a dúas deles que ían camiñando ao campo. Tamén eles foron a anuncialo aos demais, pero non os creron.

Por último, apareceuse Jesús aos Once, cando estaban á mesa,

e botoulles en cara a súa incredulidade e dureza de corazón, porque non creran aos que o vían resucitado».

3.2 Quen son os protagonistas

❚ María Magdalena. Acompañou a Jesús durante a súa vida pública ( Lc 8,2). Estivo xunto á Virxe María ao pé da cruz ( Jn 19, 25). Cristo enviouna a anunciar a súa resurrección aos seus discípulos ( Jn 20, 18). A Igrexa católica considéraa santa e «apóstolo dos apóstolos».

❚ Salomé. É unha das discípulas de Jesús, que lle axudaba cos seus bens. Acompañou a Jesús durante a súa morte, xunto con María Magdalena e María a de Santiago.

3.3 Para interpretar correctamente o relato

Este texto narra o acontecemento asombroso da resurrección de Cristo. Os feitos da tumba baleira, o anuncio de Deus («o mozo vestido de branco») e os encontros reais con Cristo, mostran a realidade da resurrección de Cristo. O evanxelista San Marcos, con estes feitos extraordinarios, insignia en que se basea a fe na resurrección: na revelación divina, nunhas aparicións reais de Xesucristo e nunhas testemuñas que se atoparon con El.

3.4 Que nos ensina para a vida diaria

O relato ensínanos que é a fe na resurrección: a certeza feliz de que Jesús está vivo e presente entre nós.

Esta experiencia dá un sentido e esperanza plena á vida de cada persoa (a vida triunfa sobre a morte). E dá forzas para practicar o amor, a xustiza, a verdade, o perdón e a solidariedade.

Tamén nos ensina a atoparnos persoalmente con Cristo participando

nos  sacramentos, confiando nel e practicando o Mandamento do Amor. Así se fortalece a fe na resurrección.

1 Completa na túa  pc a ficha do relato bíblico:

a) Título.

b) Argumento.

c) Personaxes.

d) Interpretación dos feitos.

e) Ensinos.

2 Completa na túa  pc esta oración con dous exemplos: «Cristo segue resucitando: cada vez que

nos queremos, cada vez que compartimos co outro, cada vez que cargamos co próximo, cada vez que perdoamos, cada vez que nos superamos, cada vez que (….), cada vez que(…)» ( Alfa e Omega, 13-V-2004, páx. 14).


3 Busca na internet unha visita virtual ao Santo Sepulcro e realiza a visita á tumba de Jesús.

Testemuñas de Cristo resucitado

«Cristo morreu polos nosos pecados segundo as Escrituras; e que foi sepultado e que resucitou ao terceiro día, segundo as Escrituras; e que se apareceu a  Cefas e máis tarde aos

Doce; despois apareceuse a máis de cincocentos irmáns xuntos, a maioría dos cales vive aínda, outros morreron; despois apareceuse a Santiago, máis tarde a todos os apóstolos; por último, (…) aparecéuseme tamén a min»

(1  Cor 15, 3-8).


A miña intelixencia espiritual

Taller de intelixencias múltiples UNIDADE 6

Contempla a Saba Santa

A ciencia actual afirma que a Saba Santa é a saba onde se envolveu o corpo

de Jesús. E o home que aparece nela é Jesús. Para a Igrexa católica é unha

icona (imaxe) e unha reliquia sobre Jesús. Non é unha verdade de fe sobre Xesucristo,

nin se debe crer nela coma se fose El. E aínda que fose un engano, non cambiaría a

fe cristiá nin o feito da súa morte e resurrección.

Investiga e busca información

1   Investigar. En parella, buscade cada cita nunha Biblia impresa ou en liña:

http://www.vatican.va/archive/esl0506/_ INDEX. HTM e contestade cada pregunta:

a)  Mt 27, 57-60: Como se chama este discípulo de Jesús? Que fixo por Jesús?

b)  Lc 23, 52-53: En que se envolveu o corpo de Jesús?

c)  Jn 20, 6-7: Que atoparon no sepulcro de Jesús?

2 Consultade a web do Centro Español de  Sindología e contestade as preguntas:


http://www.linteum.com/la- sindone- galeria-multimedia. php

a) Que é a Saba Santa?

b) Onde se atopa?

c) Que misterio e feito inexplicable contén?

d) Que che chama máis a atención da Saba

Santa?


«A través da Saba Santa chéganos a Palabra única e última de Deus: o amor feito home, encarnado na nosa historia; o Amor  misericordioso de Deus (…). O rostro da Saba Santa transmite unha gran paz (…) é coma se dixese: ten

confianza, non perdas a esperanza; a forza do amor de Deus, a forza do Resucitado, todo o vence». ( Videomensaje do 30 de marzo de 2013).


• Vídeo coa canción Resurrección de Amaral para «Feliz Pascua. wmv» en:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

0 puntos en caso de plagios

1º BAC: T.5.1: D.S.I.,PÁG. 92, 6,7,8.

      Definir para qué se reflexiona, a quién se dirige y  quién es su responsable: Principios y Valores de DSI from  AMNI2012 https://es.ca...