miércoles, 25 de mayo de 2022

4 º ESO: T. 9: Os CRISTIÁNS E A CIVILIZACIÓN DO AMOR


 COMEZAMOS


Os cristiáns con Jesús constrúen un mundo mellor


Hoxe, o planeta Terra e os seres humanos están en perigo de extinción. E iso, pola destrución do medio ambiente, a fame, o abandono dos anciáns, o terrorismo, a corrupción, a violencia contra as mulleres, as guerras, as drogas, os desprazados e refuxiados, a falta de virtudes e valores…


Para resolver esta situación, moitas persoas comprométense en institucións e ONG solidarias, ecolóxicas,  caritativas, relixiosas…, coa esperanza en construír un mundo mellor. A misión da Igrexa e dos cristiáns é ensinar e construír o reino de Deus na terra: unha civilización baseada no amor, a xustiza, os dereitos humanos e a amizade con Deus.


A fe e a esperanza nun novo mundo prometido por Deus dan forzas aos cristiáns para construír a civilización do amor.


• Con que frase estás máis de acordo? Hai algunha coa que non o esteas? Por que?


 • Que título poñerías a esta imaxe? 


Imaxe relacionada


Experiencias humanas e cristiás


Actualmente aumentan os atentados contra o medio ambiente: a destrución das especies, o cambio climático… 


Tamén crecen os millóns de persoas que sofren diferentes exclusións: a fame, a escravitude, a emigración por causa da guerra, a violencia e a morte  por terrorismo, o abandono…


Para mellorar esta situación, toda persoa pode e debe realizar algún compromiso solidario. 


O seguinte exemplo dun grupo de adolescentes católicos ensina como facelo cos anciáns, un dos colectivos máis excluídos e abandonados.


Destrución ambiental e exclusión humana


«O ser humano tamén é unha criatura deste mundo, que ten dereito a vivir e a ser feliz. (…) Non podemos deixar de considerar os efectos da degradación ambiental, do actual modelo de desenvolvemento e da cultura do descarte na vida das persoas…». 


«O ambiente humano e o ambiente natural degrádanse xuntos. (…)


A deterioración do ambiente e o da sociedade afectan dun modo especial aos máis débiles do planeta…». 


«Non adoita haber conciencia clara dos problemas que afectan particularmente aos excluídos. Eles son a maior parte do planeta, miles de millóns de persoas…»   


(Papa Francisco: Carta  encíclica  Laudato se.)


1 Con que frase do texto «Destrución ambiental e exclusión humana» estás máis de acordo? Por que? 


■ Bienaventuranzas do ancián


«Ditosos os que me miran con simpatía.


Ditosos os que comprenden o meu paso canso.


Ditosos os que falan en voz alta para minimizar a miña xordeira.


Ditosos os que apertan con calor as miñas mans  temblorosas. (…)


Ditosos os que comprenden a miña necesidade de agarimo.


Ditosos os que me regalan fragmentos do seu tempo.


Ditosos os que se acordan da miña soidade.


Ditosos os que se achegan ao meu sufrimento.


Ditosos os que me brindan alegría nesta última etapa da miña vida.


Ditosos os que están preto no momento do meu encontro co Señor.


Cando entre na vida sen fin, acordareime deles diante do Señor Jesús».


2 Le as « Bienaventuranzas do ancián» e  escribe unha frase para dar grazas. 


•  Visionar e dialogar sobre o vídeo titulado          «Cambiar o mundo –  Opening 1 –  Charm?» en: 


https://www.youtube.com/watch?v= J3 ncHEU23 Gc


2.A civilización do amor


Para salvar o planeta Terra e crear un mundo sen exclusión, é necesario o compromiso conxunto de crentes e non crentes.


2.1 Como construír a civilización do amor


Os cristiáns deben practicar a fe cristiá con palabras e feitos, seguindo o exemplo de Jesús de  Nazaret ( Lc 4, 18-21). 


Deben comprometerse en todos os aspectos da súa vida (persoal, social, política, familiar, etc.) para construír na terra a civilización do amor.


 A civilización do amor pódese desenvolver cos seguintes comportamentos:


❚ Dedicar un tempo diario á oración e a tomar conciencia das necesidades dos excluídos da sociedade actual.


❚ Participar como voluntario nunha residencia de anciáns ou nunha ONG solidaria da Igrexa.


❚ Ser un bo profesional con valores éticos e ecolóxicos.


❚ Colaborar nun comedor social ou nunha campaña contra a fame dunha parroquia.


❚ Axudar a un compañeiro para saír dunha situación de exclusión ou de violencia.


❚ Reciclar e consumir de forma ecolóxica, xusta e solidaria.


❚ Votar a partidos que defendan a conservación real do medio ambiente e a xustiza cos máis excluídos.


3 Dialogade e investigade na internet sobre as actividades que realiza a Igrexa da vosa contorna para construír a civilización do amor. 


Por exemplo, por medio de Cáritas, Mans Unidas ou outra ONG. Para iso, podedes consultade as webs  guiaongs. org   e  conferenciaepiscopal.es.

1 comentario:

  1. Lucia , Sarah y Aloia31 de mayo de 2022, 4:10

    PREGUNTAS Y RESPUESTAS :
    1. La frase con la que mas está de acuerdo Jesús es que todos nos tenemos que ayudar mutuamente para que haya muy buena relación entre si .
    2. Jesús el amigo de todos nosotros .
    3. Doy gracias a todos esos ancianos que conozco y que me han ayudado en todo lo que me pasa simplemente por ello os quiero mucho
    4. Si yo tuviera un compañero/a que esté sufriendo algún tipo de violencia en su casa yo me lo llevaria para mi casa para que no sufra .










    NO COPIAR MIS NIÑESSS BESIS ;)

    ResponderEliminar

0 puntos en caso de plagios

1º BAC: T.5.1: D.S.I.,PÁG. 92, 6,7,8.

      Definir para qué se reflexiona, a quién se dirige y  quién es su responsable: Principios y Valores de DSI from  AMNI2012 https://es.ca...