lunes, 23 de mayo de 2022

3º iso: T.9: Fe, arte e cultura



 Experiencias humanas e cristiás 


A arte é un camiño para expresar a fe cristiá e un camiño para sentir e chegar a Deus e ao seu Fillo, Jesús. 

Ensínanos que quen cre en Jesús e queda con El será feliz e salvarase. E que o máis importante dunha obra de arte relixiosa non é o seu valor económico, é a súa beleza, os bos sentimentos que esperta e a súa  capacidade para unirnos con Deus, cos demais e cun mesmo.


A fe cristiá


 A fe cristiá é a experiencia do encontro persoal co Deus cristián (Pai, Fillo e Espírito Santo). É a resposta do cristián á revelación e ao gran amor de Deus.

 Esta fe celébrase nos  sacramentos, practícase pola moral cristiá e profésase no Credo e nas oracións da Igrexa. 

«A fe cristiá, non é unha ideoloxía, senón un encontro persoal con Cristo crucificado e resucitado. Desta experiencia, que é individual e comunitaria, deriva un modo novo de pensar e de actuar». «A fe non é só pensamento; a fe abarca todo noso ser» Bieito XVI .


Investigar.


 Busca na internet iconografía cristiá sobre Jesús na arte. Despois, comproba que sabes sobre a infancia de Jesús na arte:


• Na apartado «Infancia», Test 0.2; para comprobar que sei sobre a infancia de Jesús na arte: 


http://roble.pntic.mec.es/jfeg0041/arte/ index_art.html


http://roble.pntic.mec.es/jfeg0041/arte/global.html



O cristianismo é a relixión que máis promoveu a arte e a cultura. E especialmente, a Igrexa católica foi a gran creadora e protectora da arte. Gran parte do patrimonio cultural e artístico da humanidade realizouse baixo o seu apoio e inspiración. A Igrexa católica conserva e crea cultura e arte porque:


 ❚ A arte, a beleza e a cultura son camiños para atoparse con Deus e para ensinar a mensaxe de salvación de Xesucristo.

 Por exemplo, a fe cristiá ensinouse á poboación da Idade Media, que non sabía ler nin escribir, por medio da pintura, a música ou a arquitectura cristiá; por iso, as catedrais eran como un libro con imaxes e significados relixiosos, políticos e culturais.

 

❚ A arte é un medio de expresión e comunicación da fe cristiá, de  veneración a Deus, e un modo de colaborar na obra creadora. 


❚ A Biblia contén moitos personaxes, temas e símbolos que serviron de inspiración a multitude de obras artísticas e culturais. 


2.2 Achegas da Igrexa ao patrimonio


 A Iglesia, por medio dos seus santos e artistas, realiza grandes achegas ao patrimonio cultural e artístico da humanidade: filosofía, ciencia, literatura, teatro, catedrais, basílicas, ermidas, santuarios, mosteiros, museos, pinturas, esculturas, canto  gregoriano, música polifónica e clásica, agricultura, ensino, medicina, escritura, folclore, arquivos, etc. 


Algúns exemplos son:


 ❚ A cultura cristiá antiga (séculos I a V). Nesta época, a Iglesia sintetizou e conservou o saber daqueles séculos. Desenvolveu a arte  paleocristiano (primeira arte cristiá) e a creación das basílicas  paleocristianas. Tamén, promoveu o diálogo entre a fe cristiá e a cultura da antigüidade.


 -San Agustín (354-430), bispo de  Hipona (Alxeria), escribiu obras de filosofía e teoloxía, consideradas centrais na historia da filosofía. A súa autobiografía As Confesións, é a autobiografía máis vendida en todo o mundo. 


❚ San Isidoro (560-636), arcebispo de Sevilla, recolleu toda a ciencia e a cultura da súa época no seu libro Etimoloxías, considerado como a primeira enciclopedia do mundo.

 ❚ A arte cristiá contemporánea. Nos séculos  XIX e  XX, os artistas e arquitectos seguiron creando obras inspiradas no cristianismo: Marc  Chagall (1887-1985): pinturas e vidreiras sobre personaxes bíblicos. 

Antonio  Gaudí (1852-1962): o templo da Sacra Familia de Barcelona. Salvador Dalí (1881-1989): as súas pinturas da Última Cea, Crucifixión, etc.  


1 Copia na túa  pc e completa cada frase coa información desta dobre páxina:

 

a) A fe é amor e por iso crea... 

b) As obras de arte relixiosa representan… e axudan a…

c) A arte e a cultura son camiños para atoparse con Deus e para…

d) A fe en Xesucristo practícase desenvolvendo…

e) A Iglesia realizou achegas ao patrimonio na filosofía, ciencia…



 

2 Responde á seguinte opinión: 


«A Igrexa católica está en contra da arte. Por iso, a arte relixiosa ten pouca importancia no patrimonio da humanidade».


3 Investigar. 


Busca na internet unha visita virtual a unha catedral e realízaa. Despois, contesta as preguntas:


https://www.turismo.gal/librodepedra/libro.html


 a) Que che gusta máis dela? Por que?

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

0 puntos en caso de plagios

1º BAC: T.5.1: D.S.I.,PÁG. 92, 6,7,8.

      Definir para qué se reflexiona, a quién se dirige y  quién es su responsable: Principios y Valores de DSI from  AMNI2012 https://es.ca...