miércoles, 9 de marzo de 2022

4º ESO: T. 6: XESUCRISTO, SACRAMENTOS E MATRIMONIO

 4º ESO:  T. 6: XESUCRISTO,  SACRAMENTOS E MATRIMONIO

 


A HISTORIA DA SALVACIÓN E O  SACRAMENTO DO MATRIMONIO

En Xesucristo cúmprense, de forma completa e definitiva, as revelacións e as promesas de Deus na Historia da Salvación. 


Xesucristo permanece na historia por medio da Igrexa e segue chamando ás persoas para que colaboren na súa misión: estender o reino de Deus na terra.

Hoxe os cristiáns continúan e actualizan a misión solidaria e salvadora de Xesucristo. Nos  sacramentos, atópanse con Cristo e reciben a graza de Deus para colaborar na súa misión.

Os noivos que casan pola Iglesia deben facelo porque Deus é amor e está presente na parella que se ama e cre nel. Tamén pola súa fe en Jesús; por desexar que El lles acompañe e axude no seu matrimonio; e por colaborar na misión da Igrexa.


• Que opinas destas afirmacións?

• Que dirías aos noivos destas imaxes?


Resultado de  imaxes para foto voda  catolica




Xesucristo e o  sacramento do Matrimonio.

Reflexionamos

Para situarnos


❚ O matrimonio é bo para a saúde.


«As persoas casadas teñen unha mellor saúde que as solteiras, sobre todo a partir dos 40 anos, segundo un estudo realizado pola Universidade Autónoma de Barcelona» (http://protestantedigital.com/ 23 de xaneiro de 2015).


44904 (1).gif


❚ Separacións en España. 


En 2014 romperon 105 893 parellas, entre nulidades, separacións e divorcios, un 5,4 por cento máis que un ano antes (http://protestantedigital.com/ 16 de setembro de 2015).


46293.gif


❚ Un matrimonio cristián, récord  Guinness.


«O matrimonio de  Zelmyra e  Herbert  Fischer bateron o récord  Guiness por ser o matrimonio máis longo. 87 anos estiveron casados, ata que  Herbert faleceu aos 105 anos. En 2013 morría a súa esposa, tamén á idade de 105». Así declaraban a súa fe cristiá: «Os dous somos cristiáns e cremos en Deus. O Matrimonio é un compromiso co Señor. Nós rezamos con El e polos demais todos os días» ( http:// http://www.religionenlibertad.com/ 21 de agosto de 2014).


❚ Vodas católicas en España.


En 2012 celebráronse 62 847 vodas polo  sacramento do Matrimonio (http://www.conferenciaepiscopal.es/ 9 de xaneiro de 2015).44905.gif


❚ O anel de vodas.


«No século II, os cristiáns aforraban para poder comprar un anel de ouro para a voda. Despois de casados, gardaban o de ouro en casa e levaban outro de ferro. 


E colocaban o anel nupcial seguindo o seguinte rito: o noivo poñíalle o anel á noiva na punta do dedo índice, dicindo: “No nome do Pai”. Logo, engadindo “No nome do Fillo”, trasladaba o anel ata o dedo corazón, para, finalmente, coas palabras “e do Espírito Santo. Amén”, deslizar o anel ata o final do dedo anular.


 O Papa Nicolás (858-867) converteu en costume o uso do anel de compromiso» (Charles  Panati: As orixes sacras das cousas profundas. Obelisco, Barcelona, 2002, páxs. 332-334).


44886.gif


Dialogamos

1 Que dato resúltache máis curioso? Por que?

2 Que outro dato ou exemplo coñeces sobre o Matrimonio?

3 Por que casan hoxe os noivos pola  lglesia?


4 Que é o  sacramento do Matrimonio?


• Coñecer curiosidades sobre as vodas e o significado dalgúns símbolos lendo «O porqué dalgunhas tradicións» en 


http://www.guiaservicios.com/bodas_curiosidades. asp


• Coñecer a simboloxía do anel de voda en 


http://es.catholic.net/familiayvida/159/318/articulo. php?ide=7499

No hay comentarios:

Publicar un comentario

0 puntos en caso de plagios

1º BAC: T.5.1: D.S.I.,PÁG. 92, 6,7,8.

      Definir para qué se reflexiona, a quién se dirige y  quién es su responsable: Principios y Valores de DSI from  AMNI2012 https://es.ca...