martes, 1 de febrero de 2022

3º ESO: T.4.1:XESUCRISTO, V. E Ou: EXPERIENCIAS HUMANAS E CRISTIÁS, P.47, 1 A 5.



Na celebración dos  sacramentos o cristián atópase con Cristo  resucitado. Este encontro axúdalle a vivir en plenitude, a fortalecer e practicar a súa vocación cristiá. Ademais, nos  sacramentos do Bautismo, a Confirmación e a Orde sacerdotal recíbese a forza do Espírito Santo, que fortalece a fe e a vocación cristiá.

Os seguintes testemuños de tres curas mostran como practicaron a súa vocación cristiá como sacerdotes: con fe e servindo e entregando a súa vida por axudar e salvar aos demais.




1.1 Os sacerdotes do Titanic



O Titanic, o  transatlántico británico e o maior barco do mundo daquel tempo, afundiuse na madrugada do 14 ao 15 de abril de 1912.

O seu afundimento causou a morte de 1 514 persoas das 2 223 que ían a bordo.

Na película Titanic (1997), do director James  Cameron, cando o barco comeza a afundirse pola proa, aparece un cura dando ánimo aos sobreviventes e rezando con eles. Esta escena está baseada na realidade: no barco ían tres sacerdotes católicos.


Os tres comportáronse como verdadeiros sacerdotes e heroes. Axudaron  heroicamente a moitos pasaxeiros para subirse aos botes salvavidas. E nos momentos finais, acompañaron cos  sacramentos e a oración ás vítimas do desastre, ofrecendo as súas vidas para axudar e para salvar aos demais.




http://webcatolicodejavier.org/sacerdotesdeltitanic.html


O pai  Juozas  Montvila, sacerdote nado en 1885 en Lituania, era o máis novo dos tres  presbíteros a bordo do  transatlántico. Dirixíase a Estados Unidos para servir  pastoralmente ás comunidades de inmigrantes lituanos de Nova York e  Massachusetts.  Varios sobreviventes confirmaron que rexeitou a posibilidade de salvarse mentres axudaba a outros pasaxeiros para alcanzar os botes salvavidas: «Cumpriu

a súa misión ata o final». Actualmente, este  presbítero é considerado un heroe en Lituania.

Pola súa banda, Joseph  Peruschitz, sacerdote benedictino alemán, viaxaba tamén a Estados Unidos. Durante a viaxe, e a semellanza dos outros dous sacerdotes, o  presbítero escoitou confesións e celebrou misa cada día.

Segundo o testemuño dun sobrevivente, nos últimos minutos da traxedia, el e o pai Thomas  Byles rezaron xuntos o rosario coas vítimas que quedaban a bordo, cando a auga empezaba a asolagar a cuberta.

O sacerdote Thomas  Byles, igualmente, viaxaba cara ao país americano para presidir o matrimonio do seu irmán William. No momento da colisión do Titanic contra o iceberg que ocasionou a catástrofe, estaba a rezar.

Os testemuños dos sobreviventes coinciden en destacar a súa gran fe e valentía. Ás 2:20, a hora en que se afundiu completamente o barco, rezou o «acto de  contrición» cos fieis que permanecían de xeonllos xunto a el. Despois, deulles a absolución xeral dos pecados.

E minutos antes do afundimento, a orquestra do Titanic, no medio da desesperación, tocou con moita emoción a canción «Preto de ti, Señor»: Preto de ti, Señor, eu quero estar; / o teu grande eterno amor quero gozar. / Enche o meu pobre ser, limpa o meu corazón; / faime o teu rostro ver na aflición. / O meu pobre corazón inquieto está, / por esta vida vou

buscando paz. / Mais só Ti, Señor, a paz pódesme dar, / preto de ti, Señor, eu quero estar.






(http://webcatolicodejavier.org/sacerdotesdeltitanic.html. Adaptación).



1 Con quen se atopa o cristián nos  sacramentos? A que lle axuda?

2 Que che ensinan estes tres sacerdotes?

3 Dialoga sobre estas preguntas:

a) A quen admiras máis hoxe? Gustaríache parecerche a el e vivir como el? Por que?

4 Que ideas extraes para descubrir a túa verdadeira vocación?

5  Investigar o vídeo «Preto de Ti, Señor»,  visiónalo e contesta as preguntas:               que sentiches?, que lle dirías a Deus?


• Vídeo «preto de Ti Señor- Nearer  My  God  To  Thee»:


http://www.youtube.com/watch?v= PYM8- XJYDYk



• Vídeo «Preto de Ti, Señor»:


https://www.youtube.com/watch?v=BCbQvf6yq5w

No hay comentarios:

Publicar un comentario

0 puntos en caso de plagios

1º BAC: T.5.1: D.S.I.,PÁG. 92, 6,7,8.

      Definir para qué se reflexiona, a quién se dirige y  quién es su responsable: Principios y Valores de DSI from  AMNI2012 https://es.ca...