viernes, 21 de enero de 2022

3º ESO: T.4: XESUCRISTO, VOCACIÓN E ORDE + COMEZAMOS + REFLEXIONAMOS, P.45.


Xesucristo, centro da vocación cristiá


A persoa é un ser relixioso que busca a Deus e necesita descubrir a súa vocación para ser feliz.

Deus responde a esta procura e vocación humana manifestándose na historia. A Biblia recolle esta historia de amor e comunicación de Deus ás persoas. E por medio do seu Fillo, Xesucristo, Deus revélase de forma completa. Xesucristo, pola súa morte e resurrección, está presente na historia e na Igrexa. E as persoas que se atopan persoalmente con El, viven unha experiencia de plenitude que lles cambia a vida.

A Igrexa católica, coa axuda de Xesucristo, promove a vocación cristiá xeral e as vocacións cristiás particulares, que se celebran e fortalecen nos sete  sacramentos.

Por exemplo, a vocación de sacerdote no  sacramento da Orde.


• Que experiencia vive a persoa que se atopan con Xesucristo? En que cambia a súa

vida?

• Observa a imaxe: Que lle dirías a Jesús se te atoparás con El e dixéseche «Ven e sígueme»?

Resultado de  imaxes para  jesus dicindo ven e  sigueme

Reflexionamos

Para situarnos


❚ Vocacións na Igrexa católica. O Informe anual de 2014 de estatísticas da Igrexa católica no mundo ofrece os seguintes datos:

O número de católicos era de 1 228 621 000, quince millóns máis que o ano anterior. Aumentan os sacerdotes, cun total de 414 313. O número de bispos no mundo é de 5 133. E 55 314, o de relixiosos e relixiosas.

(http://www.periodistadigital.com/religion/mundo/2014/10/24/)


❚ Exemplo de vocación cristiá e deportiva.  Katie  Ledecky naceu en Washington (Estados Unidos), o 17 de marzo de 1997. Empezou a nadar e adestrar aos seis anos. Aos quince anos, nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, gañou unha medalla de ouro nos 800 metros libre, co segundo tempo máis rápido de todos os tempos. Foi a nadadora máis nova en gañar o ouro olímpico. E en Barcelona, no Campionato

Mundial de Natación de 2013, bateu dous récords do mundo e gañou catro medallas de ouro.  Katie estudou nun colexio católico. Foi educada polas irmás do Inmaculado Corazón de María, por iso, é devota de Santa Ana (a nai da Virxe María) e de San Patricio, o santo do día do seu nacemento. O seu irmán Michael e os seus pais axudáronlle a descubrir a súa vocación cristiá e deportiva. E a súa fe e vocación cristiá é o motor da súa vida persoal, deportiva e cristiá: «Sempre rezo un  avemaría antes de cada carreira, e gústame ir a misa todos os domingos. É unha gran oportunidade para reflexionar e para conectar con Deus. A miña fe foi unha parte importante da

miña vida desde que nacín». (http://www.religionenlibertad.com/2013/8/13/)


Dialogamos


1 Cal crees que é a túa vocación? Que podes facer para descubrila ou fortalecela?


2 Que che chama máis a atención do apartado de «Vocacións na Igrexa»? Por que?


3 Que opinas de  Katie  Ledecky? E da súa vocación cristiá e deportiva?


4 Que é a vocación cristiá? E o  sacramento da Orde sacerdotal?


• Vídeo «3 MC - 3  Minute  Catechism - 46. Que é un sacerdote católico?»:

http://www.youtube.com/watch?v=5 mUqOaF38 UA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

0 puntos en caso de plagios

1º BAC: T.5.1: D.S.I.,PÁG. 92, 6,7,8.

      Definir para qué se reflexiona, a quién se dirige y  quién es su responsable: Principios y Valores de DSI from  AMNI2012 https://es.ca...