martes, 21 de diciembre de 2021

1º ESO: T.3:Os meus VALORES HUMANOS E CRISTIÁNS + APRENDÍN

 

 


Sobre Deus na Historia da Salvación



1 Diferenciar.


 Descobre as dúas palabras equivocadas de cada afirmación. Escribe no teu  pc o número de cada frase e as dúas palabras correctas.



1. Deus comunicouse dunha forma audaz nas etapas da historia de Grecia.



2. A historia do pobo de Israel hai que interpretala desde a súa época e como unha historia política e de condenación.



3. A Historia da Sabedoría comeza coa historia de Israel, continúa con Jesús e a historia da sociedade e terminará co fin do mundo.



4.  Abrahán é o centro da Historia da Salvación porque é a máxima intervención e revelación de Deus na literatura.



5. David revelouse de forma oculta ao pobo de Israel, por medio dos xestos e as palabras, os personaxes e os feitos da súa historia.



6. Deus crea ao ser humano, rexéitalle e sae ao seu encontro para condenalo.



7. Deus cumpre a súa promesa e envía ao  Goliat prometido, ao seu Fillo Xesucristo, verdadeiro home e verdadeiro vencedor.



8. Israel descubriu na súa historia os valores dun Deus  Justiciero, Creador e Salvador, que ama, perdoa, axuda, elixe o seu pobo e condénalle do pecado.



9. Israel descubriu que Divos só tiña unha razón para revelárselle e rexeitalo como poboo seu: o seu amor interesado.



10. Tanto amou David ao mundo que deu a Saúl o seu Fillo único.




Sobre o relato bíblico



2 Cal é o argumento do relato «David e  Goliat»?



3 Que ensina este relato para mellorar a relación con Deus e cos demais?



Sobre o valor da confianza



4 Escribe unha definición sobre o valor da confianza.



5 Escribe un comportamento que che axude a desenvolver o valor da confianza en ti mesmo, en Deus e nos demais.


O valor da confianza



O valor da confianza consiste na esperanza e seguridade que se ten en que unha persoa, Deus, un mesmo ou algo, vai responder ben. 


Por exemplo, confiar en que o meu amigo gardará o secreto que lle contei. O cristián confía en que Deus actúa e axúdalle, para ben, na súa historia e a súa vida diaria.


Imaxe relacionada



Comprende e coñéceche máis



1 Le o texto e contesta as preguntas:  


                                      en que consiste a confianza do cristián en Deus?,


 que exemplo de confianza podes poñer?


«Nisto consiste a confianza que temos nel: en que se lle pedimos algo segundo a súa vontade, escóitanos. E se sabemos que nos escoita no que lle pedimos, sabemos que temos conseguido o que lle pediramos» (1  Jn 5, 14-15).



2 Le cada pregunta e, na túa  pc, contesta  sinceramente segundo esta clave.



Es confiado ou desconfiado?



1. Tes un verdadeiro amigo en quen confías completamente?



2. En xeral, es unha persoa segura, que crees nas túas capacidades para conseguir as boas metas que che propoñas?



3. Es capaz de expresar e defender en público as túas opinións e crenzas?



4. A pesar das mentiras e traizóns que viviches, segues confiando na xente?



5. Confías en Deus e rézaslle para que che axude a descubrir a súa vontade e lograr o mellor para ti?



6. É a confianza uno dos valores máis importantes na túa vida diaria?



7. As persoas que che coñecen, considéranche unha persoa en quen se pode confiar para realizar unha tarefa ou gardar unha confidencia?



8. Crees que na sociedade actual é mellor confiar que desconfiar das boas promesas e palabras dos demais?



Si = 3 /


 Ás veces si e ás veces non = 2 /


 Non = 1



3 Suma a puntuación de cada pregunta e  evalua os teus resultados:


 de 14 puntos en diante: parabén! Segue desenvolvendo a confianza! 


E se tedes  menosde 13 puntos: aprendede a confiar máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

0 puntos en caso de plagios

1º BAC: T.5.1: D.S.I.,PÁG. 92, 6,7,8.

      Definir para qué se reflexiona, a quién se dirige y  quién es su responsable: Principios y Valores de DSI from  AMNI2012 https://es.ca...