A Biblia comeza con dous relatos sobre a creación do mundo e do home e da muller.
Están inspirados por Deus e atópanse no Antigo Testamento, no libro do Xénese, cuxa redacción final foi realizada no século v a. C.
3.1 A creación do home e da muller ( Gén 1 e 2)
https://www.biblija.net/biblija. cgi? m= Gn+1%2 C1-2%2 C3& pos=0&set=13& l=é
3.2 Quen son os protagonistas
❚ Adán. Significa «terra» e «home de terra» (formado da terra).
❚ Eva. Significa «vida» e «nai de todos os viventes».
3.3 Para interpretar correctamente os relatos
Os anteriores textos non hai que interpretalos ao pé da letra, nin tampouco como textos científicos.
Son textos sacros (Palabra de Deus), cuxa finalidade é ensinar verdades relixiosas e morais.
O importante é o contido que os seus autores queren comunicar (as mensaxes e a revelación de Deus), e non o seu continente (os recursos literarios que usan para expresalos).
Por exemplo, a creación da muller dunha costela do home non hai que interpretala tal cal está escrita; menos aínda, para xustificar que o home é superior á muller; senón como un recurso literario que utiliza o autor para expresar simbólicamente que Deus é o Creador da parella humana; e que o home e a muller foron creados para amarse e complementarse un ao outro.
3.4 Que nos ensina para a vida diaria
Os relatos revelan que a sexualidade humana é unha creación e un agasallo de Deus Creador, unha realidade boa e querida por Deus.
Ademais, revelan que Deus creou ao home e á muller coa mesma dignidade.
Tamén ensinan os valores que debe vivir a parella humana: o mutuo respecto, a igualdade de ambos os sexos, a fecundidade, a inocencia, a complementariedade recíproca, etc.
1 Que che ensinan os relatos de Xene. sobre a sexualidade?
2 Responde á seguinte opinión coa información deste apartado e os teus propios argumentos:
«Os relatos da Biblia sobre a creación do home e da muller son mentiras. É imposible formar a unha muller dunha costela».
3 Busca na internet o vídeo «Tiziano Ferro e Amaia Montero – O agasallo máis grande».
https://www.youtube.com/watch?v=6 OAnxCOyf_0
Despois, escoita a canción e contesta:
Que agasallos describe a canción?
Cal é o agasallo máis grande que podes facer a Cristo, ao teu pai, á túa nai, a un amigo ou a unha amiga, á túa parella…?
1.que agasallos describe la cancion?
ResponderEliminaros agasallos emotivos que non se poden abrir
2.Cal é o agasallo máis grande que podes facer a Cristo, ao teu pai, á túa nai, a un amigo ou a unha amiga, á túa parella…?
un sonrriso ou unha razón pola cal se sintan orgullosos
3 Que che ensinan os relatos de Xene. sobre a sexualidade?
que é unha creación e agasallo de deus para nós.
4 Responde á seguinte opinión coa información deste apartado e os teus propios argumentos:
«Os relatos da Biblia sobre a creación do home e da muller son mentiras. É imposible formar a unha muller dunha costela».
ten razón porque nunca ha sido demostrado que sea posible
4 - NON SON MENTIRAS PORQUE SON IMAXES LITERARIAS, NON CIENTÍFICAS
ResponderEliminar1. Buena persona y los valores de la pareja.
ResponderEliminar2. La creación de la mujer de una costilla del hombre no hay que interpretarla tal cual está escrita;para justificar que el hombre es superior a la mujer; sino como un recurso literario que utiliza el autor para expresar simbólicamente que Dios es el Creador de la pareja humana; y que el hombre y la mujer han sido creados para amarse y complementarse uno al otro.(Somos hijos de Dios).
3.El amor, la amistad, la vida en general.
4.El amor de tu familia, amigos y también de uno mismo.